A Asociación Profesional “Gandeiros de Lugo” é unha entidade de ámbito autonómico que persegue a mellora competitiva das explotacións dos seus asociados aos que presta servizos de aconsellamento e xestión.

A Asociación Profesional “Gandeiros de Lugo” é unha entidade de ámbito autonómico que persegue a mellora competitiva das explotacións dos seus asociados aos que presta servizos de aconsellamento e xestión.

ACONSELLAMENTO DE EXPLOTACIÓNS

Somos unha entidade rexistrada no Rexistro de entidades con servizos de aconsellamento ou xestión de Galicia (RESAXEGA)

Durante o período de programación 2007-2013 prestamos servizos de aconsellamento a unhas 500 explotacións da provincia que tiñan subscrito un Contrato de Explotación Sostible (CES) coa administración.

Para o período 2014-2020 incrementamos o número de explotacións asesoradas entre as beneficiarias das medidas 10 (agroambiente e clima), 11 (agricultura ecolóxica) e 2.1 (apoio para contribuír á obtención de servizos de asesoramento) do PDR de Galicia.

w

QUEIXAS E SUXESTIÓNS

Co obxecto de avaliar a calidade da prestación do noso servizo dispoñemos dun sistema de queixas e suxestións.

As persoas interesadas poden interpoñer unha queixa ou suxestión a través dos seguintes medios:

· Persoalmente en calquera das nosas oficinas, onde dispoñen dun formulario dixital e dun libro de reclamacións en papel.

· A través do formulario na sección “queixas e suxestións“.

GRUPO OPERATIVO RECUPERACIÓN DE PASTO

Un grupo operativo é unha agrupación constituída como principal vehículo, orientado á identificación de problemas concretos ou oportunidades, a partir dos que se xeran iniciativas innovadoras que dean resposta e solucións a estas dificultades ou oportunidades detectadas.

Dende a Asociación Profesional Gandeiros de Lugo nace a iniciativa de crear un Grupo Operativo que teña como fin de recuperar e mellorar os pastos altos da Serra dos Ancares, así como recuperar as técnicas tradicionais de pastoreo promovendo o seu uso polos gandeiros da zona.

Descarga o tríptico informativo.

ASOCIACIÓN PROFESIONAL "GANDEIROS DE LUGO"

RÚA CASTELAO, 59 BAIXO

27003 LUGO

Teléfono: 982 245 220

Fax: 982 226 251

gandeirosdelugo@gmail.com

ASOCIACIÓN PROFESIONAL “GANDEIROS DE LUGO”

RÚA CASTELAO, 59 BAIXO

27003 LUGO

Teléfono: 982 245 220

Fax: 982 226 251

gandeirosdelugo@gmail.com